Investigan a morte dun ocupante ilegal do edificio da Gran Vía
Publicado o 05/10/2020 21:40
A Policía Nacional de Vigo investiga a morte dun ocupante ilegal do edificio da Gran Vía. Os axentes sospeitan que se trata dun home de 55 anos e nacionalidade portuguesa que faleceu por causas naturais. Hai aberta unha investigación, pero non se apreciaron sinais de violencia.
Tomáronlle impresións dixitais para facer a súa identificación. Foron os axentes os que atoparon o seu corpo neste céntrico edificio de Vigo de seis andares onde moran varios ocupantes ilegais.