CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun lobo, supostamente a tiros, nun monte de Cualedro

Publicado o 09/11/2020 14:26

As forzas de seguridade investigan a morte, supostamente a tiros, dun lobo nos montes de Cualedro. O cadáver foi atopado por un voluntario do Grupo Lobo en Galicia agochado nun piñeiral.

Trátase dun exemplar duns 5 meses, pertencente a unha familia da que estaban a facer seguimento. Foi trasladado ao Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe do Rodicio para practicarlle unha necropsia que confirme as causas do facelemento, aínda que todo apunta, din, a disparos realizados probablemente por cazadores.

Dende o colectivo que traballa na conservación do lobo ibérico lembran que se trata dunha especie protexida, polo que calquera ataque contra eles é un delito.

Noticias web

09/11/2020