Investigan a morte dun home que apareceu atado na súa casa de Chapela
Publicado o 01/02/2021 13:51
A Policía Nacional investiga que sucedeu nesta vivenda de Chapela en que vivía o home que apareceu morto este sábado. Un home tranquilo, segundo quen o coñecía.
Aínda non hai detidos nin sospeitosos deste suposto crime, mesmo non desbotan que non fora unha morte violenta. Pero a escea do crime fai pensar o contrario: o cadáver apareceu atado de pés e mans cunha cinta adhesiva, a mesma que selaba a súa boca.
A casa estaba ordenada e sen signos de violencia. Mesmo a comida estaba preparada na mesa, o que, segundo a policía, dá idea de que a vítima puido ser atacada por sorpresa. Os veciños non dan crédito.
A casa continúa precintada e o caso está en mans do Xulgado de instrucción número 2 de Redondela, que mantén o segredo do sumario.