Investigan a causa dun incendio que deixou calcinada unha casa en Mos
Publicado o 15/04/2019 12:42
Sucedeu na parroquia de Petelos, no lugar de Arrubial. Veciños da zona deron a voz de alarma cando se decataron de que esta vivenda ardía sen control na madrugada do domingo. Non houbo que lamentar danos pesoais porque a casa está deshabitada, pero o inmoble quedou totalmente calcinado.
A vivenda que ardeu está dividida en dúas partes. A proximidade dos servizos de urxencia de Mos e a rápida actuación dos bombeiros do Porriño desprazados á zona evitaron que o lume se estendera.
Os bombeiros tardaron case catro horas en extinguir o lume, que en ningún momento supuxo un risco para outras vivendas próximas. Arestora hai aberta unha investigación para determinar as causas do incendio.