CRTVG

Buscar

Investigan a aparición dun veleiro varado na costa do Vicedo

Publicado o 10/07/2021 20:06

Investigan a aparición dun veleiro que quedou varado na costa do Vicedo.
O barco foi localizado por un inspector da Xunta e deu aviso a Salvamento Marítimo. Unha embarcación semirríxida da Garda Civil do Mar e outra de Vixilancia da Xunta conseguiron desencallar o veleiro, que foi trasladado ata o porto de Celeiro, coa asistencia da salvamar Shaula. A policía xudicial investiga como puido chegar ata alí esta embarcación de bandeira sueca. Non había ninguén no seu interior e os investigadores non desbotan ningunha hipótese.

Noticias web

10/07/2021