Investigan a aparición dun corpo en avanzado estado de descomposición nunha casa de Meira
Publicado o 10/03/2021 14:29
Axentes da Garda Civil custodiaban esta mañá a vivenda de Meira en que apareceu un corpo en avanzado estado de descomposición. Foi a propietaria da casa, que non quere saír ante a cámara, a que atopou o cadáver.
Pensa que debía levar tempo morto porque asegura que estaba momificado. Pola vestimenta pensou que podería ser unha persoa maior que vivía coa parella que lle alugara a casa.
O corpo foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense de Pontevedra, onde se lle está a practicar da autopsia. No marco da investigación, axentes da Policia Xudicial realizaban esta mañá a inspección ocular no interior da vivenda en busca de indicios que os leven a aclarar a identidade da persoa falecida e as circunstancias da morte.