CRTVG

Buscar

Investigan a aparición de táboas con cravos nunha pista forestal de Naraío

Publicado o 26/03/2019 21:20

Unhas das actividades preferidas de Noelia é montar en bicicleta. Faino sempre que pode. Este último domingo decidiu dar unha volta pola zona situada entre Naraío, en San Sadurniño, e A Braña, no concello lindeiro de Narón. Polo camiño, tras picar unha roda, atopouse cunha desagradable sorpresa.

Ela mesma gravou e compartiu un vídeo nas redes sociais en que se poden ver os cravos oxidados e cravados sobre unha madeira. No seu caso só picou as rodas, pero alerta de que o risco é moito para os ciclistas.

Noelia puxo o caso en coñecemento da Garda Civil, que xa investiga os feitos.

Noticias web

26/03/2019