CRTVG

Buscar

Investigadores galegos patentan unha tecnoloxía para reutilizar os EPI ata 10 veces

Publicado o 10/11/2020 15:03

A idea xurdiu ao principio da pandemia. Escaseaban os equipos de protección nos hospitais e a maneira de reutilizalos preocupou aos investigadores deste laboratorio da Facultade de Farmacia.

Tiñan unha tecnoloxía para esterilizar implantes óseos, así que decidiron probala cos EPI e funcionou. Abonda con introducir as máscaras, as luvas ou as batas no recipiente e agardar que o CO2 os deixe coma novos.

Xa patentaron o sistema, que permitiría usar 10 veces os mesmos equipos. Os hospitais son os destinatarios desta tecnoloxía, pensada para previr o desabastecemento.

Uns hospitais que tamén reducirían a cantidade de residuos que xeran cos EPI dun só uso. Vantaxes ambientais, económicas e sanitarias asociadas a esta patente galega.

Noticias web

10/11/2020