CRTVG

Buscar

Investigadores galegos participan nun ensaio dun fármaco para casos de pneumonía grave

Publicado o 13/05/2020 14:20

A enfermidade por COVID-19 pode ter ata tres fases: a infecciosa, a de treboada inflamatoria e a protrombótica. Con este ensaio intentan demostrar a eficacia do fármaco kineret, ou anakinra, no tratamento da segunda fase.

Mayka Freire, especialista en Medicina Interna do CHUS: "Nesta fase aparecen as pneumonías graves, a necesidade de ser intubado e a maior proporción de mortalidade. Anakinra o que fai é frear toda a treboada inflamatoria da segunda fase da enfermidade".

E, deste xeito, ao frear esa treboada inflamatoria, reduce a gravidade da doenza.

Mayka Freire, especialista en Medicina Interna do CHUS: "Axuda a mellorar o prognóstico. Os doentes van requirir de menos asistencia en UCI, menor intubación e haberá menor mortalidade, polo tanto".

Neste ensaio clínico participan 10 hospitais, entre eles, o Clinico Universitario de Santiago e o Álvaro Cunqueiro de Vigo. Agardan ter os primeiros resultados preliminares tras o verán.

Noticias web

13/05/2020