CRTVG

Buscar

Predomina a variante británica en Baiona; en Melide e Noia, a española e europea

Publicado o 29/04/2021 20:56

• Investigadores galegos detectan as variantes do coronavirus nas augas residuais

Coñecer cales son as mutacións que circulan en cada territorio en pacientes e asintomáticos mellora a eficacia da detección e é relevante para tomar decisións por exemplo, sobre a vacinación. Os primeiros resultados refírense a Baiona, Noia e Melide, de quince localidades analizadas. En Noia e Melide circulan as variantes española e europea, mentres que en Baiona están presentes as cepas británica, surafricana e brasileira.

Os científicos xa conseguiran detectar o rastro inactivo da covid nas augas residuais. A secuenciación do virus que acaba de acadar o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo é un paso de xigante.

O estudo forma parte do proxeto Dimcovar, en que, ademais do CSIC, participan a empresa Geseco Aguas e a Universidade de Vigo.