CRTVG

Buscar

Investigado un veciño de Celanova por agredir unha muller na súa casa

Publicado o 03/03/2021 09:42
Investigado un veciño de Celanova por agredir unha muller na súa casa

A Garda Civil de Celanova tomou declaración a un veciño deste municipio por agredir unha septuaxenaria na súa vivenda despois de recriminarlle que facía ruído na veciñanza.

Segundo informou o instituto armado, tomouse declaración en calidade de investigado a un home de 41 anos veciño de Celanova como presunto autor dun delito de lesións e outro de violación de morada.   

As mesmas fontes indicaron que unha muller de 75 anos, veciña de Celanova, denunciou unha agresión no interior do seu domicilio do investigado, que se abalanzou sobre ela e lle causou lesións de carácter leve, todo como consecuencia "de recrinimarle que fai ruídos na veciñanza", subliñou a Benemérita. 

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Celanova.