CRTVG

Buscar

Investigadas 39 persoas no que vai de ano como presuntas autoras de incendios en Galicia

Publicado o 28/07/2020 11:44
Investigadas 39 persoas no que vai de ano como presuntas autoras de incendios en Galicia

Policía Autonómica leva investigado, algunhas delas tamén detidas, 39 persoas no que vai como presuntas autoras de incendios forestales en Galicia, segundo informa este martes a Xunta nun comunicado.

O último caso que esclareceron axentes da Policía Autonómica de Compostela foi o dun incendio no lugar de Rial, no concello coruñés da Baña, o pasado sábado 25 de xullo.

O incendio produciuse cando o investigado realizaba labores agrícolas cunha rotativa sen cumprir todas as medidas preceptivas, o que terminou afectando unha superficie total de 3.000 metros cadrados de monte raso.

O atestado remitiuse ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Negreira (A Coruña).