Investigada unha veciña de Cangas que levaba 20 gramos de cocaína no coche co seu fillo dentro
Publicado o 17/03/2021 12:51

A Garda Civil investiga unha veciña de Cangas por tráfico de drogas. Detivérona despois de circular superando a velocidade permitida e co seu fillo de poucos meses no asento traseiro.
Ao rexistrar o coche atoparon 20 gramos de cocaína en diferentes envoltorios, o que supera o límite permitido para autoconsumo. Ademais fixéronlle a proba de drogas e deu positivo, aínda que os resultados están pendentes de ser confirmados en laboratorio.