Intervidos en Baiona 26 quilos de centola e 18 de peixe procedentes do furtivismo

A Garda Civil intervén uns 40 quilos de marisco e de peixe extraídos de forma ilegal nunha operación contra o furtivismo que se desenvolveu esta sábado pasado.
Segundo informou a Garda Civil, foi unha operación coordinada polas patrullas do Seprona do Porriño e de Vigo e centrouse na zona de Baiona.
Na operacion incautaron 15 quilos de centola e 18 de peixe de diferentes variedades, maragota, sargo, raia, xurelo e abadexo, que circulaba sen documentación e sen pasar por lonxa.
O vehículo no que transportaban o peixe e o marisco tampouco reunía as condicións hixiénico sanitarias necesarias, segundo informaou a Garda Civil.
Noutra intervención posterior, os axentes do Seprona incautaron outros 11 quilos de centola que estaban preto das instalacións do porto e que non custodiaba ninguén.