Intervidas 32 toneladas de droga nunha redada con 800 detidos
Publicado o 09/06/2021 08:25

Máis 800 persoas detidas e preto de 32 toneladas de drogas intervidas é o resultado dunha redada global contra o crime organizado na que participaron policías de 17 países. Unhas 300 bandas e organizacións de narcotraficantes que operaban nun cento de países quedaron desmanteladas.
Os axentes accederon ás comunicacións entre as distintas bandas a través dunha aplicación supostamente cifrada. Nos Estados Unidos, o FBI utilizou 80 tradutores para revisar as mensaxes que se intercambiaban as organizacións criminais en 45 idiomas diferentes.