CRTVG

Buscar

Requisadas na Coruña case 180 toneladas de alimentos en mal estado para persoas desfavorecidas

Publicado o 10/04/2021 13:29

E neste contexto de crise económica e social derivada da pandemia, coñeciamos hoxe unha operación policial na que se incautaron de preto de 180 toneladas de alimentos que incumprían as normativas de calidade e sanidade.

Alimentos que unha organización sen ánimo de lucro da Coruña destinaba a persoas desfavorecidas das catro provincias galegas.

Dous membros da organización están sendo investigados por un delito contra a saúde pública. Segundo fontes da investigación, repartían alimentos deteriorados coa etiquetaxe manipulada, xa que eran lotes que terían que ter distribuídos en anos anteiores. O valor dos alimentos requisados supera os 285.000 euros


 

 

Noticias web

10/04/2021