CRTVG

Buscar

Interior ordena reforzar a seguridade ata o 29 de abril

Publicado o 13/04/2019 10:02

O Ministerio do Interior ordena reforzar as medidas de seguridade desde este venres ata o día 29.
A decisión débese ao aumento dos desprazamentos e á maior confluencia de público nos acontecementos relacionados coa Semana Santa. Uns feitos que coinciden, ademais, coa campaña electoral. A alerta por ameaza terrorista mantense no nivel 4, pero refórzase a vixilancia, sobre todo nos medios de transporte e nos espazos con moita concentración de xente.

Noticias web

13/04/2019