CRTVG

Buscar

Interior investiga se Rajoy saltou o confinamento para facer deporte

Publicado o 14/04/2020 21:21

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, dixo este martes que se está investigando se o ex-presidente do Goberno Mariano Rajoy saltou o confinamento e precisou que, se é así, aplicarase a norma.

"Están a realizarse as investigacións oportunas para comprobar ese extremo", declarou o ministro en conferencia de prensa cando lle preguntaron sobre que lle parecía o feito de que Rajoy saíse a camiñar con zapatillas de deporte, tal e como se viu nunhas imaxes difundidas pola Sexta.

"O nome non determina unha aplicación ou outra da norma", concluíu o titular do Interior.

Noticias web

14/04/2020