CRTVG

Buscar

Interior achega outros cinco etarras a cárceres próximas a Euskadi

Publicado o 19/03/2021 15:00
Interior achega outros cinco etarras a cárceres próximas a Euskadi

O ministerio de Interior achega outros cinco presos da ETA a cárceres próximas ao País Vasco. Entre os que se benefician deste achegamento están dous históricos do aparato militar da banda: Juan Antonio Olarra Guridi e Ainhoa Mujika Goñi.

A parella formou parte do "comando Madrid" nos seus anos máis sanguinarios. Os dous foron condenados polo atentado da ponte de Vallecas, no ano 95, en que morreron seis funcionarios civís da Armada. Agora, os dous etarras serán trasladados á prisión de Logroño.
 

Noticias web

19/03/2021