CRTVG

Buscar

Interceptan unha narcolancha con 2.000 quilos de haxix que ían desembarcar en Valencia

Publicado o 28/11/2020 13:26

Unha persecución espectacular en mar aberto permitiu deter os cinco tripulantes dunha narcolancha con dous mil quilos de haxix a bordo.

Esta é a embarcación de 14 metros de eslora e dous motores de trescentos cabalos detectada polo helicóptero da Policía Nacional cando se aproximaba ás praias de Valencia para descargar a droga. A persecución, á que se sumou unha patrulleira do Servizo de Vixilancia Aduaneira, durou cinco horas. Tempo que os tripulantes aproveitaron para lanzar os fardos á auga. Finalmente foron recuperados polos axentes.

Noticias web

28/11/2020