Deteñen unha carta dirixida ao papa Francisco con tres balas
Os Carabineiros de Milán interceptaron este luns unha carta dirixida ao papa Francisco que contiña tres balas, segundo confirmaron fontes do corpo militar. A carta foi interceptada no centro de clasificación postal de Peschiera Borromeo, na provincia de Milán, e inmediatamente interviñeron os Carabineiros do departamento de San Donato Milanese, que abriron unha investigación baixo a autorización da fiscal adxunta de Milán, Alessandra Cerreti.
O xornal Correr della Sera di que a carta contén tres balas de calibre de 9 milímetros e unha mensaxe relativa ao último caso das operacións financeiras no Vaticano.
A axencia Adnkronos informou que a carta foi enviada desde Francia e o destinatario estaba escrito con bolígrafo e non era moi lible. O que si se podía identificar: "Papa - Cidade do Vaticano, Praza S. Pedro en Roma".