CRTVG

Buscar

Interceptan un condutor co permiso suspendido ata o ano 2023

Publicado o 03/12/2020 14:26
Interceptan un condutor co permiso suspendido ata o ano 2023

Un home de 31 anos terá que comparecer nun xulgado de Ferrol como presunto autor de varios delitos contra a seguridade viaria. A Garda Civil descubriuno ao volante dun coche cando tiña suspendido o permiso de condución ata o ano 2023.

A Garda Civil descubriu o infractor nun control rutinario de vixilancia de alcol e drogas na autovía Ferrol-Vilalba. Cando os axentes revisan a documentación é cando descobren que ten o permiso de condución suspendido por varios anos. Xa foi investigado polos mesmos feitos duas veces durante o mes pasado, ao ser descuberto noutros controis.

Noticias web

03/12/2020