CRTVG

Buscar

Interceptan en Vigo un condutor que ía armado e drogado

Publicado o 11/02/2021 15:01

Circulaba de madrugada por Vigo, incumprindo o toque de retirada, pero cando a policía o interceptou dixo que andaba á busca dunha farmacia, unha das excepcións permitidas.

O problema é que levaba armamento como para ir á guerra: unha pistola, munición, un táser paralizante, unha navalla e ata un fío cortapescozos dos que usan só as forzas especiais de combate. E aínda máis: un bisturí agachado entre as nádegas. Asegurou que todo era para autodefensa, pois tiña medo de ser atacado pola rúa. Tamén deu positivo no test de drogas. O vehículo foi inmobilizado polos axentes.

"Cando se trae unha persoa á comisaría fáiselle un rexistro exhaustivo para comprobar que non leva nada agachado co que poida ferir a alguén. Tiña antecedentes e ademais os compañeiros recoñecérono doutros actos delituosos anteriores", afirma José Covela, voceiro da Policía Nacional de Vigo.

 

Noticias web

11/02/2021