CRTVG

Buscar

Interceptan en Tui dous coches cun cargamento de 100 quilos de haxix

Publicado o 22/06/2021 19:03

Axentes da Policía Nacional interceptaron onte en Tui dous coches cun cargamento de 100 quilos de haxix e detiveron o condutor dun deles. O outro vehículo foi localizado nas inmediacións, pero os seus ocupantes xa fuxiran.

A investigación segue aberta e non se descartan novas detencións nos próximos días. A Policía vincula o detido cunha rede que operaba en Galicia e que realizaba varias viaxes ao mes entre ao sur da península para abastecerse de estupefacientes.


 

Noticias web

22/06/2021