CRTVG

Buscar

Interceptan 6 polisóns no porto de Ferrol vencellados cunha mafia albanesa

Publicado o 09/08/2021 20:09

A policía interceptou no porto exterior de Ferrol seis polisóns vinculados presuntamente cunha mafia albanesa que move persoas de maneira ilegal entre España e o Reino Unido.

Trátase dunha mafia moi asentada no norte de España, que tradicionalmente utilizaba os portos de Santander e de Bilbao. As forzas de seguridade constatan que se están trasladando cara a Galicia, e xa non é o primeiro caso que detectan no porto de Ferrol.

Noticias web

09/08/2021