CRTVG

Buscar

Interceptados tres condutores por circular a case 200km/h pola A-54

Publicado o 05/07/2021 13:05
Interceptados tres condutores por circular a case 200km/h pola A-54

Soprendidos tres condutores circulando a case 200 quilómetros por hora pola A-54 no concello de Lugo. Foi nun control móbil de velocidade durante o cal a Garda Civil detectou no espazo dunha hora tres vehículos transitando a velocidades moi elevadas.

O radar descubriu o primeiro circulando a 196 quilómetros por hora. Tan só 20 minutos despois pasaron xuntos dous coches, un a 206 quilómetros hora e o outro a 191, que poderían estar rivalizando entre eles.  

Os coches foron interceptados e os condutores, todos homes entre os 40 e os 50 anos, están acusados de delito contra a seguridade viaria. 

Noticias web

05/07/2021