Interceptados cando circulaban en sentido contrario en Oleiros por culpa do GPS
Publicado o 05/08/2020 13:33
Catro condutores foron interceptados de madrugada en Oleiros diante das dependencias da Garda Civil de Tráfico cando circulaban en sentido contrario. Os ocupantes dos vehículos eran todos familiares e din que todo se debeu a un erro propiciado polo GPS do primeiro dos condutores, ao que seguían os demais.
A infracción pódelles custar a cada un dos condutores ata seis puntos do carné. Os axentes saíron ao seu paso e lograron evitar un máis que probable accidente.