CRTVG

Buscar

Interceptado un condutor que circulaba a 170 km/h nun tramo limitado a 70

Publicado o 14/06/2021 13:19
Interceptado un condutor que circulaba a 170 km/h nun tramo limitado a 70

Interceptado un condutor que circulaba a 170 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70. Os axentes, que participaban nun control rutineiro de Tráfico, procederon inmediatamente á detención do vehículo e á identificación do infractor. Foi na estrada provincial que une A Pastoriza con Lourenzá. 

O condutor está investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria. As dilixencias do caso xa foron remitidas ao Xulgado de Garda de Mondoñedo.

Noticias web

14/06/2021