Intento de estafa a unha residencia de maiores de Teo
Publicado o 18/01/2021 09:18
Os estafadores puxéronse en contacto telefónico coa residencia Os Arcánxeles ás dez e media da noite do sábado e alertaban de que ía chegar unha partida de vacinas cun custo de 2.500 euros.
Entrevistamos esta mañá a directora da residencia, Isabel Patiño, que nos contou como foi a situación que envolveu a chamada de hai dous días.