CRTVG

Buscar

Intenta fuxir dun control en Sada tras triplicar a taxa de alcolemia

Publicado o 15/12/2020 15:12

Os feitos tiveron lugar nesta estrada, a AC-183, que comunica Sada con Oleiros, pasadas as nove da noite. Aquí, os axentes da Garda Civil tiñan instalado un punto de verificación de alcol, drogas e mobilidade, e foi onde lle deron o alto ao sadense.

"Na primeira proba triplicaba a taxa de alcol e pedímoslle que permanecera no interior do vehículo á espera de poder realizar a segunda proba", explica Héctor Teixeira, Garda Civil de Tráfico.

Pero o condutor desobedeceu as indicacións e intentou fuxir. "En vez de quedarse a agardar, arrancou o seu coche e con intención de atropelar un dos axentes, emprendeu a fuxida. Nese momento impedíuselle a fuxida e xa se iniciou a investigación polos delitos cometidos", engade Héctor Teixeiro.

Agora é investigado por dous delitos contra a seguridade viaria polos que se enfronta a unha sanción económica e á retirada do permiso de conducir dun a catro anos. Investígano tamén por atentado contra axentes da autoridade.






 

Noticias web

15/12/2020