CRTVG

Buscar

Intenta cravarlle un coitelo por pasar a noite coa sua ex-noiva

Publicado o 22/11/2019 13:52

Intentou cravarlle un coitelo por pasar a noite coa sua ex-noiva. É o que relata un veciño de Ourense á Policía Nacional.

Asegurou tamén que o suposto agresor o golpeou cunha tixola e que o perseguiu por todo o piso e tamén polas escaleiras. O rapaz conseguiu fuxir e denunciar os feitos.

Cando chegaron os axentes da Policía Nacional, foi o suposto agresor o que lles abriu a porta, e recoñeceu os feitos. O home, que conta con antecedentes penais, quedou detido. Ten 22 anos e é de nacionalidade cubana. Está previsto que ao longo do día de hoxe pase a disposición xudicial.

Noticias web

22/11/2019