CRTVG

Buscar

Intensificouse a busca, por mar e aire, do mozo que se afundiu o domingo durante unha competición no Miño

Publicado o 02/09/2019 19:41

Esta tarde, o helicóptero Pesca I uníase a outra busca, a do mozo desaparecido o domingo pola tarde no Miño. Medios españois e portugueses rastrexaron este luns as dúas beiras, o río entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

O desaparecido, de 24 anos, da localidade portuguesa de Barcelos, participaba nunha proba deportiva de tríatlon para nadar 750 metros. Ao pouco de comezar pediu axuda pero afundiuse antes de que puidesen asistilo.

Noticias web

02/09/2019