CRTVG

Buscar

Intensifícanse os controis para evitar a chegada de turistas a Galicia

Publicado o 05/06/2020 15:29

En Galicia hai debate sobre se están chegando visitantes doutras comunidades, sobre todo ás zonas costeiras.

Hai veciños que denuncian a chegada de turistas doutras comunidades pero tamén hai quen apela á calma asegura que son só casos puntuais.

A Garda Civil di que a situación de mobilidade está controlada e que a marioría da poboación cumpre as normas. 

A Delegación do Goberno en Galicia asegura que non se está detectando unha chegada masiva de persoas doutras autonomías. O ministro de Sanidade recalcou hoxe que a mobilidade entre comunidades segue prohibida.

Noticias web

05/06/2020