CRTVG

Buscar

Intensifican o baleirado dun depósito de residuos que ameaza con colapsar na Florida

Publicado o 06/04/2021 08:38
Intensifican o baleirado dun depósito de residuos que ameaza con colapsar na Florida

O gobernador da Florida ordenou que se incorporen novos equipos aos traballos de baleirado do depósito de residuos industriais dunha antiga fábrica de fosfatos que ameaza con colapsar e verter máis de 2.600 millóns de litros nunha zona próxima á baía de Tampa. 

Máis de 300 vivendas foron desaloxadas e os accesos á zona permanecen pechados mentres continúan os traballos de baleirado. Os equipos de bombeo evacúan 132.000 litros por minuto e o líquido está sendo canalizado a través dun regato próximo ata o golfo de México.

Noticias web

06/04/2021