CRTVG

Buscar

Intensifican no sur de Tenerife a busca das nenas desaparecidas xunto co seu pai

Publicado o 06/05/2021 20:45
Intensifican no sur de Tenerife a busca das nenas desaparecidas xunto co seu pai

Continúa a busca das nenas desparecidas en Tenerife xunto co seu pai. A Garda Civil intensifica o rastrexo por mar ao sur da illa. Pero non só se limita a explorar as augas, tamén indaga nos movementos que fixo o barco do pai das cativas antes de aparecer á valga. Estudan ademais os movementos das embarcacións que andaban pola zona.

A familia cre que o home puido contar con axuda para subir a un deles e fuxir a América do Sur. Os investigadores seguen buscando pistas no seu ordenador e nos seus movementos bancarios. Dende SOS Desaparecidos piden que os cidadáns divulguen o vídeo das cativas por se alguén puido velas nos últimos días.