CRTVG

Buscar

Intensifícanse os controis de alcol e drogas nas vías urbanas

Publicado o 15/06/2021 21:50

A fin de semana pasada foi a primeira sen restricións máximas en ningún concello galego, e tamén a primeira sen límites nas reunións de non conviventes e con horarios máis amplos para a hostalería. E coincidindo con esta relaxación das restricións, a DXT fixo preto de 5.800 probas de alcol e drogas en toda Galicia. Deron positivo 202 condutores, e abríronse dilixencias penais contra 21. Despois destes resultados, Tráfico volve intensificar os controis a partir de mañá. Colaborará cos concellos para vixiar o consumo de alcol e drogas ao volante tamén nas zonas urbanas. As autoridades lembran que o alcol é un factor determinante nun terzo dos accidentes mortais de tráfico. 

Noticias web

15/06/2021