CRTVG

Buscar

Instalan barreiras de contención para evitar que o xurro chegue ao río Tambre

Publicado o 14/09/2021 21:10

O xurro verteuse ao soltarse esta válvula da balsa onde estaba almacenado. A investigación de por que ocorreu está en marcha. No foco da vertedura tamén seguen os traballos. Os técnicos de Augas de Galicia recollen mostras e analizan a auga deste regato de Portaferreiros para confirmar que os parámetros seguen estabilizados. Ademais, os traballadores de Augas de Galicia e o persoal mobilizado polo Concello de Trazo, coa colaboración dos veciños, fixeron gabias e colocaron barreiras para evitar que o xurro chegue á auga.

Se estas medidas non desen resultado e a chuvia arrastrase o xurro por este afluente do Tambre, a captación de auga do río paralizaríase. Pero non a subministración. O concello de Santiago insiste en que o abastecemento está garantido coa auga almacenada nos depósitos. No caso de que a solución tarde, o Concello activaría a captación de auga do manancial de Brins, que era o que abastecía a cidade a mediados do século pasado.

Noticias web

14/09/2021