CRTVG

Buscar

'Instagrammers' e 'influencers' percorren estes días o Camiño Portugués

Publicado o 06/10/2021 15:43

"Moi ben, a verdade é que o estamos pasando superbén, eu persoalmente cría que nos ía custar máis e estamos todos seguindo un ritmo moi bo, ou sexa, que moi ben", comenta María Pombo.

"Tivemos unha baixa, algunha bocha tamén, pero estamos moi contentos, gozando un montón da experiencia", apunta Tomás Páramo.

Son rostros coñecidos e influentes, marcan modas e crean tendencias a través das redes sociais e agora quixeron parar no seu día a día para vivir a experiencia do Camiño.

"Vivimos nun mundo de redes, de luxos e cousas un pouco banais e queriamos ter os pés na terra e facer esta experiencia que eu polo menos non fixera nunca", explica María.

"Parar un pouco ese ritmo frenético que levamos na nosa vida e aproveitalo para cargar pilas e que esta experiencia marque un pouco un antes e un despois", continúa Tomás.

E antes da partida pediron consellos aos seus propios seguidores para facer o mellor dos camiños.  "Non estrear zapatos, superimportante", "calcetín antibochas e parar para coller forzas, que iso levámolo moi ben", "vaselina nos pés".

Aínda que camiñan a bo ritmo, non se esquecen dos seus seguidores e comparten con eles paso a paso cada experiencia.

Noticias web

06/10/2021