CRTVG

Buscar

Instagram é a rede social para compartir fotografías das viaxes

Publicado o 24/08/2021 21:08

Non hai dúbida. Os destinos vacacionais de moda están en Instagram. Como vén acontecendo cada estación practicamente desde que existe a plataforma, volve ser a rede social favorita para lucir plans de verán.

Decoración, paisaxes, curiosidades e agora as viaxes. Cada acontecemento da nosa vida é un reto para a capacidade de almacenamento dos móbiles pero non para as galerías infinitas das redes sociais. Para algunhas persoas xa é de máis.

Mesmo os estudos económicos comezan a observar o chamado 'efecto Instagram' nos prezos, polo aumento do consumo en todo o que non foi posible nos intres máis duros da pandemia, como as viaxes, a restauración ou a moda.

Noticias web

24/08/2021