CRTVG

Buscar

Inician os trámites para a repatriar o corpo do mozo coruñés atropelado en Romanía

Publicado o 04/10/2021 14:57

Rotos pola dor. Así están os amigos de Adrián, que declinaron falar diante da nosa cámara. E visiblemente tristes seguen tamén os compañeiros desta Facultade de Ciencias da Educación en que Adrián cursaba terceiro grao de Educación Primaria. Ningún quixo faltar ao minuto de silencio na súa memoria.

Ao acto tamén acudiu o reitor da universidade, que cualificou como tráxicos estes momentos que lles toca vivir.

Adrián realizaba unha estancia de Erasmus en Romanía e faleceu o mércores á noite cando regresaba á casa tras participar nunha actividade con máis alumnado de intercambio. Os trámites para a repatriación do seu corpo xa se iniciaron.

Na web da Facultade de Ciencias da Educación en que estudaba Adrián loce un crespón negro na súa lembranza.

Noticias web

04/10/2021