CRTVG

Buscar

Inician no poboado do Vao un cribado masivo no concello de Poio

Publicado o 19/01/2021 14:59

O cribado masivo no concello de Poio arrancou no poboado chabolista do Vao, coordinado polos sanitarios e a Policía Local coa axuda do pastor evanxélico que organizou os veciños para ir facer a proba na carpa habilitada para eles ou na casa, en caso dos que non podían achegarse.

A explosión de positivos no concello de Poio suma xa 158 casos. A maior parte deles son gromos familiares, con polo menos sete localizados en Campelo e O Vao.

Poio, con 17.000 habitantes, viu disparada a incidencia de contaxios. De aí que impuxeran medidas adicionais de seguridade como o peche das instalacións deportivas.

Noticias web

19/01/2021