CRTVG

Buscar

Ingresado na UCI un dos mozos contaxiados no gromo de Mallorca

Publicado o 29/06/2021 14:40
Ingresado na UCI un dos mozos contaxiados no gromo de Mallorca

Un mozo de 18 anos atópase ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Xeral Universitario de Elxe tras contaxiarse de coronavirus nunha das viaxes de fin de curso a Mallorca.

Os casos positivos de covid-19 vinculados a viaxes de estudos a Mallorca e Menorca roldan o milleiro en toda España.

O mozo permanece na UCI desde o pasado xoves, 24 de xuño, segundo confirmaron este martes fontes do centro hospitalario. Trátase do único ingresado por covid a día de hoxe en Elxe. Na cidade ilicitana hai 67 persoas afectadas, pertencentes a centros públicos, concertados e privados.

Segundo informou a semana pasada a concelleira de Educación do municipio, María José Martínez, a maioría destas viaxes non as organizaron os centros, senón o propio alumnado tras rematar os exames da ABAU.

Noticias web

29/06/2021