Ingresado en Ourense un veciño do Incio que sufriu queimaduras cando estaba traballando
Publicado o 14/06/2020 14:30
Un veciño do concello lugués do Incio está en estado grave polas queimaduras que sufriu nun accidente laboral.
O home estaba traballando nesta fábrica situada en Vila de Mouros, no Incio. Abriuse un portelo de aspiración con po quente, que lle provocou varias queimaduras. Foi o seu compañeiro de traballo o que deu aviso aos equipos de emerxencia. Dada a gravidade das feridas, o home foi trasladado en helicóptero ata o hospital universitario de Ourense, onde se recupera das lesións.