CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión polo acoitelamento nunha casa ocupada en Lugo

Publicado o 15/02/2021 17:00
Ingresa en prisión polo acoitelamento nunha casa ocupada en Lugo

Ingresou en prisión o indixente lugués acusado de acoitelar cun fouciño outro individuo co que compartía unha vivenda ocupada ilegalmente.

Os feitos producíronse na madrugada do domingo cando, presuntamente, o detido lle cravou a ferramenta á vítima nun pulmón durante unha disputa entre os dous homes e unha muller que tamén habita a casa.

Malia que a ferida se produciu moi preto do corazón, o home ferido está fóra de perigo despois de ser intervido cirurxicamente no hospital de Lugo.

Os protagonistas do altercado levan anos residindo neste inmoble das aforas da cidade e, segundo os veciños, ata agora nunca causaran altercados.

Noticias web

15/02/2021