CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión o suposto autor da morte dunha muller en Velle, Ourense

Publicado o 05/03/2021 15:52
Ingresa en prisión o suposto autor da morte dunha muller en Velle, Ourense

O presunto homicida de Velle, en Ourense, xa está no cárcere tras recibir a alta na unidade de agudos.

O xuíz acordara o seu traslado ao hospital para unha avaliación psiquiátrica e para que retomase o tratamento que precisa e deixara de tomar.

A madrugada do 19 de xaneiro, supostamente, o home acudiu á casa dos seus veciños, matou con numerosas coiteladas a muller de 22 anos e deixou ferido grave o seu mozo, curmán do presunto agresor, que permanece en reanimación.

Entra en prisión provisional por un delito de homicidio consumado e outro en grao de tentativa.

Noticias web

05/03/2021