CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión o home que agrediu a súa muller e o seu neto no Porriño

Publicado o 30/01/2020 15:40
Ingresa en prisión o home que agrediu a súa muller e o seu neto no Porriño

A titular do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para Antonio G. F, de 58 anos, investigado como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa.

Antonio G. F. foi detido onte pola Policía Local do Porriño acusado de agredir cunha arma branca a súa muller, de 52 anos, quen tivo que ser hospitalizada con cortes en brazos e mans, e o seu neto, de 6 anos, que sufriu lesións nunha man.

A agresión produciuse nunha vivenda no barrio da Pontenova, en Atios, sobre as 2:15 horas, e foi denunciada pola vítima.

O detido recoñeceu pelexarse coa súa muller e os axentes comprobaron que había manchas de sangue no cuarto onde se produciu a discusión, ademais de atopar debaixo da cama un coitelo de cociña con sangue.