Infesta zona cero das devastadoras treboadas
Infesta é hoxe unha localidade arrasada. Galpóns e muros no chan, e viñedos da Denominación de Orixe Monterrei esnaquizados, e hortas que non recollerán nin un só froito e animais que esta mañá aparecían mortos entre a lama.
E é que o río Albarellos rebordou anegando vivendas, garaxes, adegas... e a auga, con pedras e pólas, corría cun metro de profundidade Infesta abaixo levando todo ao seu paso.
Maquinaria da Deputación e veciños, con pas e vasoiras en man, intentan retirar toneladas de cascallos que cortan as rúas e as estradas da aldea.
O concello de Monterrei advirte que non se beba auga da billa, de momento non é potable. Os danos, prevén que cuantosísimos, están por valorar, o primeiro é recuperar a normalidad.
En Infesta, a zona cero das devastadoras treboadas de onte, tardarán en esquecer o medo que din, pasaron.