Indíxenas derruban a estatua do conquistador español Sebastián de Belalcázar en Colombia
Publicado o 17/09/2020 08:46
Os indíxenas da comunidade Misak, en Colombia, derruban unha estatua do conquistador español Sebastián de Belalcázar. Ocorreu no departamento de Popayán, onde protestaban contra a violencia na rexión. Algúns dos concentrados achegáronse á cima do cerro en que estaba situada a figura ecuestre, ataron cordas e tiraron por ela ata tumbala no chan. Cualifican este conquistador, fundador de Quito e outras cudades colombianas, de xenocida.