CRTVG

Buscar

Inditex vai pagar aos seus traballadores o suplemento polos beneficios de 2019

Publicado o 22/04/2020 15:22

É en abril cando Inditex reparte cos seus traballadores unha prima en función dos beneficios do ano anterior. E este ano tamén o vai facer, aínda que se vai retrasar un pouco, debido ao estado de alarma. Será un mes despois de que reabran as tendas. Un dos requisitos para cobrar este bonus é ter como mínimo dous anos de antigüidade. Recibirán de media 540 euros, fraccionados en dous pagos.

Para os sindicatos, non caben as diferenzas.

A comezos de mes Inditex daba marcha atrás e paralizaba o ERTE que tiña previsto aplicar para seguir botando man de fondos propios e manter todo o seu cadro de persoal.

Noticias web

22/04/2020