CRTVG

Buscar

Inditex rexistra un beneficio neto de 1.272 millóns de euros durante o primeiro semestre do seu exercicio fiscal

Publicado o 15/09/2021 08:14
Inditex rexistra un beneficio neto de 1.272 millóns de euros durante o primeiro semestre do seu exercicio fiscal

Inditex rexistrou un beneficio neto de 1.272 millóns de euros durante o primeiro semestre do seu exercicio fiscal 2021-2022 (entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo), fronte a unhas perdas de 195 millóns en 2020, segundo informou este mércores a compañía. As vendas do grupo no primeiro semestre ascenderon a 11.936 millóns de euros, un 49 % máis respecto ao mesmo período de 2020. Isto supón que as vendas, o beneficio e a xeración de caixa do segundo trimestre —entre maio e xullo— son as máis altas da compañía o mesmo período.

O presidente de Inditex Pablo Isla manifestou que os bos resultados son "froito do compromiso de todas as persoas que integran a compañía para ofrecer a máxima calidade creativa de moda. Grazas a todos eles estamos a aproveitar ao máximo as vantaxes da transformación estratéxica sostible no noso modelo de negocio", destacou. 

A venda en liña rexistra un "notable crecemento"; sitúase nun 36 % a tipo de cambio constante. A xeración de caixa alcanzou ao final do período os 8.023 millóns de euros.

 

Noticias web

15/09/2021